Noticias y alertas

A IX Festa da Torta de Millo consolida a Guitiriz como referente da gastronomía e da cultura popular galega

07/06/2026

O Campo da Feira de Guitiriz converteuse un ano máis no punto de encontro para centos de veciños e visitantes coa celebración da IX Festa da Torta de Millo, unha cita que continúa medrando e que se afianza como un dos eventos gastronómicos e culturais máis destacados da provincia de Lugo.


A xornada, organizada polo Concello co apoio da Deputación de Lugo, deu comezo ás 11:00 horas coa apertura da mostra de artesanía e dos postos de venda e degustación da tradicional torta de millo, elaborada polas panadarías artesás David e La Esquina, protagonistas indiscutibles dunha festa que rende homenaxe ao produto máis representativo da gastronomía local.


A programación gastronómica incluíu tamén un ‘showcooking’ do chef Antón Castro, do restaurante Casa Gaibor, que compartiu co público diferentes propostas culinarias e puxo en valor a versatilidade deste produto tradicional.


Durante a celebración, a alcaldesa de Guitiriz, Marisol Morandeira, visitou os diferentes postos instalados no recinto feiral e destacou a importancia dunha cita que “pon en valor un dos produtos máis representativos da nosa tradición gastronómica e contribúe a dinamizar a vida cultural e social do municipio”. Ademais, quixo agradecer “o traballo das panadarías participantes, das asociacións, dos artesáns e de todas as persoas que colaboran para que esta festa continúe medrando edición tras edición e sexa xa unha referencia dentro da provincia”.


A música foi outro dos grandes eixes da programación. Nesta edición, apostouse especialmente polo protagonismo das voces femininas dentro da música galega, cun cartel encabezado por Sheila Patricia e Caamaño & Ameixeiras. A oferta musical completouse coas actuacións da Escola de Música do Concello de Guitiriz e de Airiños de Orbazai.


Ademais, durante toda a xornada desenvolvéronse xogos tradicionais e populares, exposicións, actividades para o público infantil, postos de comida e unha variada oferta de artesanía.


O artigo A IX Festa da Torta de Millo consolida a Guitiriz como referente da gastronomía e da cultura popular galega publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies