Noticias e alertas

A Escola Habanera acolle a presentación da sexta edición da novela ‘El buen inglés’

10/06/2026

A Biblioteca Pública Municipal – Escola Habanera de Guitiriz será escenario dun encontro literario excepcional coa presentación da sexta edición da novela ‘El buen inglés’, obra do doutor Eduardo Naya.


O acto terá lugar o venres 19 de xuño a partir das 19:00 horas e contará coa presentación de Manuel Castro Santamariña, que acompañará ao autor nesta cita cultural aberta á veciñanza.


Durante o encontro, Eduardo Naya compartirá co público os detalles desta nova edición da súa obra, nun acto que permitirá afondar no proceso creativo e na traxectoria dun libro que acada xa a súa sexta edición.


A entrada será libre e gratuíta ata completar a capacidade.


O artigo A Escola Habanera acolle a presentación da sexta edición da novela ‘El buen inglés’ publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies