Noticias y alertas

Guitiriz pecha unha nova edición dos Xogos da Primavera coa disputa do IV Aberto Xogo da Ra

18/06/2026

Onte, mércores 17 de xuño, o Concello de Guitiriz celebrou a clausura dos ‘Xogos da Primavera 2026’ coa disputa do IV Aberto Xogo da Ra. A competición tivo lugar no CIT de Parga e reuniu a un total de 14 participantes nunha entretida tarde.


Esta actividade lúdica e interxeracional ten por obxectivo revalorizar os xogos de onte e promover a relación e a socialización entre maiores e nenos, sendo xa toda unha tradición no municipio guitiricense.


O gañador desta edición foi Fernando Mayer, cun total de 395 puntos. O podio completárono Daniel Armada, segundo con 285 puntos, e Dani Regueiro, terceiro con 185 puntos. Os tres primeiros clasificados recibiron un trofeo conmemorativo.


O artigo Guitiriz pecha unha nova edición dos Xogos da Primavera coa disputa do IV Aberto Xogo da Ra publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies