Noticias e alertas

Francisco Dorado e Andrea Lamas coroánse nunha emocionante primeira edición do Rallymix Concello de Guitiriz – Gran Premio Deputación de Lugo

21/06/2026

O Concello de Guitiriz converteuse durante toda a fin de semana no epicentro galego do deporte do motor coa celebración do I Rallymix Concello de Guitiriz – Gran Premio Deputación de Lugo. A cita reuniu un total de 86 pilotos e pilotas no municipio chairego, que desfrutaron dunha intensa competición na que se repartiron 7.850 euros en premios entre as distintas categorías.


A proba, organizada por Scratch Galicia e Scratch Fene coa colaboración do Concello de Guitiriz e o apoio da Deputación de Lugo, desenvolveuse cun gran ambiente tanto entre os participantes como entre o numeroso público que se achegou ao percorrido para seguir de preto o espectáculo automobilístico.


Francisco Dorado, xunto a Andrea Lamas como copilota, proclamáronse vencedores da clasificación xeral co Skoda Fabia RS Rally2, converténdose nos primeiros gañadores da historia desta nova competición. O podio completárono Alfonso Ventin co Yacar Yacarcross, na segunda posición, e Antonio López tamén co Yacar Yacarcross, que rematou terceiro.


Ademais da clasificación absoluta, a organización recoñeceu o rendemento dos mellores participantes nas distintas categorías especiais. No VII Trofeo Feminino Pub Zeus, as dúas primeiras clasificadas foron Iría Iglesias, con David Ameneiro de copiloto, cun Citroen Saxo; e Raquel Ruel cun Kincar foi segunda. Pola súa banda, no I Trofeo Scratch Fene Cafetería Pub Titanic impuxéronse Adrián Insua, con Eva María Canide de copiloto, cun Ford Fiesta Mk2; Borja Ctovad foi segundo cun Labase SX01.


No II Trofeo Pilotos Lucenses Carnicería Vitorio, os primeiros postos foron para Francisco Dorado e Andrea Lamas, como copiloto, cun Skoda Fabia RS Rally2; O segundo posto foi para Alberto Vázquez cun Yacar Yacarcroos e o terceiro lugar foi para Adrián Torreiro, e Cristina León de copiloto, cun Citroen Saxo.


No I Trofeo Júnior Guitiriz Racing Detailing, os galardoados foron César Domínguez cun Yacar Yacarcross no primeiro lugar; Mario Rodríguez cun Yacar Yacarcross no segundo lugar; e Damián Mateo Abal cun Kincar MT no terceiro lugar.


En canto ao I Trofeo Máster Café Pub SOA Bocatería, o podio estivo formado por Iago Caamaño e José Alberto Rodríguez de copiloto cun Ford Fiesta R5; en segundo lugar Celestino Iglesias e Jorge Iglesias de copiloto cun Ford Fiesta N5; e o bronce foi oara Ismael Campo cun Kincar.


A entrega de premios celebrouse na Praza do Campo da Feira de Guitiriz e contou coa presenza da alcaldesa, Marisol Morandeira; do vicepresidente da Deputación de Lugo, Efrén Castro; así como do director de carreira, Édgar Vigo.


O artigo Francisco Dorado e Andrea Lamas coroánse nunha emocionante primeira edición do Rallymix Concello de Guitiriz – Gran Premio Deputación de Lugo publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies