Noticias y alertas

O Centro de Información ás Mulleres Móbil estará o 30 de xuño en Guitiriz

30/06/2026

O Centro de Información ás Mulleres Móbil estará esta mañá en Guitiriz.


Estará situado fronte ao Concello de 10:00 a 14:00 horas.


Neste punto prestaranse diversos servizos, como:



  • Asesoramento xurídico, atención psicolóxica e orientación social ás mulleres vítimas de calquera forma de violencia de xénero e, de ser o caso, ás fillas, aos fillos e ás persoas menores ao cargo da muller vítima, ou ás persoas maiores dependentes, facilitando o acceso aos correspondentes recursos.

  • Atención específica ás mulleres que, pola súa situación de especial vulnerabilidade, sexan susceptibles de sufrir calquera forma de violencia de xénero.

  • Información sobre os recursos dispoñibles na contorna local, ou, de ser o caso, a nivel comarcal, provincial ou autonómico.

  • Actuacións de dinamización para a sensibilización e prevención da violencia de xénero, coa finalidade de promover a erradicación dos roles e estereotipos de xénero que subxacen na base das violencias contra as mulleres.

  • Establecemento de canles de comunicación e colaboración con outros axentes presentes no territorio que poidan ser de interese para o desenvolvemento das funcións anteriormente sinaladas.

  • Calquera outra actuación que se adecúe ao obxectivo prioritario de prevención, sensibilización e loita contra todas as formas de violencia de xénero, incluídos os ámbitos social e laboral.


O artigo O Centro de Información ás Mulleres Móbil estará o 30 de xuño en Guitiriz publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies