Noticias y alertas

O Concello de Guitiriz abre o 1 de xullo o prazo de inscrición nas Escolas Deportivas Municipais 2026/2027

30/06/2026

O Concello de Guitiriz abre este mércores, 1 de xullo, o prazo de inscrición nas Escolas Deportivas Municipais para o curso 2026/2027. O período de matrícula permanecerá aberto ata o 31 de xullo, e poderá formalizarse de forma presencial na Casa Consistorial, en horario de 8:30 a 14:30 horas, ou a través da Sede electrónica municipal.


Cada persoa só poderá rexistrar as súas propias solicitudes e/ou as dos seus fillos e fillas menores de idade. As prazas asignaranse por rigorosa orde de entrada ata completar os grupos dispoñibles.


O prezo das actividades será de 15 euros ao mes por alumno/a e actividade, agás no caso do atletismo, que terá unha cota de 20 euros mensuais. A matrícula terá un custo de 10 euros, que se aboará unha vez que a persoa quede admitida na actividade solicitada.


A oferta das Escolas Deportivas Municipais inclúe fútbol sala, con categoría xuvenil como novidade, ximnasia rítmica, patinaxe, actividades aeróbicas para adultos, zumba infantil, pilates, ioga, ximnasia para adultos, pádel, tenis de mesa, tiro con arco, atletismo e campo a través, así como baloncesto e iniciación ao ashtanga ioga, que se incorporan como principais novidades deste ano.


As actividades desenvolveranse durante o curso desde o 15 de setembro ata o 15 de xuño.


Posibilidade de descontos nas actividades


En canto aos descontos, o Concello de Guitiriz aplicará unha bonificación do 20% na matrícula para familias numerosas, así como un 20% de desconto na segunda actividade e sucesivas para aquelas persoas que se matriculen en máis dunha disciplina. Tamén se contemplan descontos para familias con poucos recursos, previa valoración dos Servizos Sociais municipais.


TRÍPTICO ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS 2026-2027


SOLICITUDE INSCRICIÓN ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS 2026 – 2027



O artigo O Concello de Guitiriz abre o 1 de xullo o prazo de inscrición nas Escolas Deportivas Municipais 2026/2027 publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies