Noticias y alertas

Información importante sobre os bonos da Piscina Municipal – Troco dos bonos de anos anteriores dispoñible ata o 15 de xullo

02/07/2026

As persoas usuarias que dispoñan de bonos da Piscina Municipal correspondentes ao ano 2024 poderán trocalos, de xeito totalmente gratuíto, por bonos vixentes ata o 15 de xullo nas Oficinas do Concello.


Este cambio realízase debido a un erro na tipografía dos prezos que figuraban impresos nos bonos dese ano. Por este motivo, é necesario substituílos por novos bonos correctamente emitidos.


Unha vez realizado o cambio, os novos bonos non terán data de caducidade. Pola contra, os bonos correspondentes ao ano 2024 deixarán de ter validez a partir do 15 de xullo.


Agradecemos a comprensión e a colaboración de todas as persoas usuarias.


O artigo Información importante sobre os bonos da Piscina Municipal – Troco dos bonos de anos anteriores dispoñible ata o 15 de xullo publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies