Noticias e alertas

A Escola Municipal de Música de Guitiriz abre o prazo de novas solicitudes do 13 ao 31 de xullo

11/07/2026

O Concello de Guitiriz abrirá o vindeiro luns, 13 de xullo, o prazo para presentar novas solicitudes de matrícula na Escola Municipal de Música para o próximo curso. As inscricións poderán realizarse ata o venres 31 de xullo, tanto a través da sede electrónica do Concello como de forma presencial no Rexistro Municipal.


A oferta formativa inclúe a modalidade de Iniciación á Música, dirixida a nenas e nenos de entre 3 e 7 anos, que será gratuíta durante todo o curso. Ademais, as persoas maiores de 8 anos poderán matricularse na modalidade de Instrumento + Linguaxe Musical, elixindo entre as especialidades de acordeón, batería, clarinete, frauta traveseira, saxofón, guitarra, piano, bombardino, trombón, trompeta e tuba.


No momento de presentar a solicitude será obrigatorio indicar un enderezo de correo electrónico e achegar o certificado de titularidade da conta bancaria para a domiciliación dos recibos. Unha vez rematado o prazo de inscrición, o Concello publicará a listaxe de persoas admitidas e a lista de agarda.


As persoas admitidas recibirán por correo electrónico a documentación para formalizar a matrícula. No caso dos recibos non domiciliados, informarase da forma e do prazo de pagamento, podendo efectuarse tamén mediante TPV nas oficinas municipais coa presentación do recibo correspondente. Para as persoas que opten pola domiciliación bancaria, o importe da matrícula cargarase directamente na conta indicada.


Para máis información, as persoas interesadas poden dirixirse ao Concello de Guitiriz ou contactar no teléfono 982 37 01 09.


O artigo A Escola Municipal de Música de Guitiriz abre o prazo de novas solicitudes do 13 ao 31 de xullo publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies