Noticias y alertas

Marcos Escudero, gañador do Certame de Cantería da XXXI Feira da Cantería, Callos e Artesanía de Parga

19/07/2026

Parga acolleu este domingo, 19 de xullo, a XXXI Feira da Cantería, Callos e Artesanía de Parga, organizada polo Concello de Guitiriz e a Asociación de Veciños do Campo da Feira de Parga. A cita, consolidada como unha das máis emblemáticas do municipio, reuniu centos de persoas arredor da tradición, a artesanía, a gastronomía e a cultura popular.


Un dos momentos centrais da xornada foi o XXVIII Certame de Cantería, que reuniu nesta edición a nove canteiros e canteiras. O certame repartiu premios de 750 euros para o primeiro clasificado, 500 euros para o segundo e 250 euros para o terceiro.


O xurado decidiu conceder os galardóns aos seguintes participantes:



  • Primeiro premio: Marcos Escudero Pérez, cunha peza dunha sirena.

  • Segundo premio: Jesús Javier Varela Quintás, cunha obra baseada nun aguia.

  • Terceiro premio: Emilio José González Martínez, cun libro.


Resto da programación


Ao longo da xornada, veciños e visitantes tamén puideron desfrutar da Mostra de Artesanía e do Campionato Galego de Andadura Federada 2026, proba puntuable para o Campionato Galego de Andadura.


Ás 11:00 horas celebráronse as actuacións dos grupos municipais, da agrupación Na Casa Zoqueiro e o pasarrúas do Grupo Caivanca. O pregón desta edición correu a cargo da antiga asociación A Raxeira de Parga, que lembrou a historia e a evolución dunha feira que cumpre máis de tres décadas convertida nun referente da comarca.


A partir de media mañá chegou outro dos momentos máis agardados da celebración coa venda das tradicionais racións de callos, sen esquecer outras propostas gastronómicas como o polbo e o churrasco.


Xa pola tarde continuou o Campionato Galego de Andadura e o público puido gozar do espectáculo de maxia da Meiga Belmonte e da actuación musical dos Camachuelos, poñendo o broche final a unha gran xornada festiva.


O artigo Marcos Escudero, gañador do Certame de Cantería da XXXI Feira da Cantería, Callos e Artesanía de Parga publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies