Noticias e alertas

O I Rallymix Virtual Concello de Guitiriz celebrarase este sábado 25 de xullo

24/07/2026

Tras o éxito da proba presencial, o Rallymix Concello de Guitiriz dá o salto ao mundo virtual coa celebración da súa primeira edición en formato dixital, que terá lugar este sábado 25 de xullo, coincidindo co Día de Galicia.


A competición, integrada no Campionato de Galicia de Rallymix Virtual, contará cunha reprodución fiel do percorrido real, incluídas as mesmas condicións meteorolóxicas da carreira presencial. A organización corre a cargo da Federación Galega de Automobilismo en colaboración con Supply Racing.


A proba desenvolverase en dúas sesións, ás 12:00 e ás 20:00 horas, para repartir os pilotos participantes. Cada un deles completará cinco mangas, igual que na competición real.


As persoas afeccionadas poderán seguir a competición en directo a través da canle de TikTok de Supply Racing.


O artigo O I Rallymix Virtual Concello de Guitiriz celebrarase este sábado 25 de xullo publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies