Noticias y alertas

Guitiriz prepárase para catro días de diversión coa Festa de Verán para a cativada no CIT de Parga

14/08/2026

O Concello de Guitiriz anuncia a celebración da Festa de Verán para a cativada, unha das actividades incluídas na programación municipal de verán, que terá lugar do venres 21 ao luns 24 de agosto no CIT de Parga.


A proposta ofrecerá á cativada catro xornadas de diversión con deslizadores acuáticos e diferentes actividades de lecer, nunha iniciativa pensada para desfrutar en familia durante estas datas estivais.


A programación dará comezo o venres 21 de agosto, de 16:30 a 20:00 horas. Durante o sábado 22, domingo 23 e luns 24, as actividades desenvolveranse en horario de 11:30 a 14:00 horas e de 16:30 a 20:00 horas.


Un dos momentos máis agardados da programación será a Festa da Escuma, que se celebrará o luns 24 de agosto a partir das 18:00 horas.


A Festa de Verán forma parte das actividades municipais de verán impulsadas polo Concello de Guitiriz, que buscan ofrecer alternativas de ocio e diversión para a cativada e favorecer a participación das familias no tempo de lecer estival.


O artigo Guitiriz prepárase para catro días de diversión coa Festa de Verán para a cativada no CIT de Parga publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies