25/08/2026
A Escola Habanera, emblemático edificio que acolle a biblioteca municipal do Concello de Guitiriz, será o venres 18 de setembro a sede da actividade ‘Obradoiros contra a Desinformación’, organizada polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia en colaboración e co financiamento da Deputación de Lugo.
Este taller, que terá uns 90 minutos de duración aproximada e que está adaptado para xente adulta, será impartido por profesionais especializados da entidade xornalística. A sesión combinará teoría e práctica e fomentará a participación para axudar ás persoas presentes a identificar información fiable, recoñecer contidos falsos ou enganosos e entender os procedementos de difusión da desinformación na era dixital que estamos a vivir.
O obxectivo final desta actividade é proporcionar á veciñanza ferramentas das que valerse á hora de desenvolver o seu pensamento crítico e non caer nos bulos que circulan por internet e, especialmente, polas redes sociais.
O obradoiro comezará ás 19:30 horas, con entrada de balde ata completar aforo.
O artigo Os ‘Obradoiros contra a Desinformación’ chegan a Guitiriz o 18 de setembro publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies