Noticias e alertas

Bando: traballos correspondentes ao novo inventario dixital de vivendas

25/08/2026

DONA MARISOL MORANDEIRA MORANDEIRA, ALCALDESA-PRESIDENTA DO CONCELLO DE GUITIRIZ (LUGO)


FAI SABER:


Que nos próximos meses terán lugar os traballos correspondentes ao novo inventario dixital de vivendas para a mellora da xestión do territorio.


Para a correcta execución deste proxecto, o persoal técnico da empresa adxudicataria visitará as vivendas das parroquias do noso termo municipal co fin de recoller os datos necesarios e fixar as novas numeracións.


Por todo iso, e de cara ao correcto desenvolvemento dos traballos, prégase á veciñanza que teña en conta as seguintes indicacións:



  • Todo o persoal técnico que realice as visitas deberá identificarse correctamente.

  • Solicítase a máxima colaboración da veciñanza para axilizar os traballos e así evitar erros na asignación das numeracións das vivendas.

  • Ante calquera dúbida, a veciñanza poderá poñerse en contacto coas oficinas municipais do Concello.


O que se fai público para xeral coñecemento, agradecendo de antemán a colaboración da cidadanía.


A Alcaldesa, Marisol Morandeira Morandeira


O artigo Bando: traballos correspondentes ao novo inventario dixital de vivendas publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies