Noticias e alertas

A Escola Municipal de Música de Guitiriz amplía o prazo de solicitude para as súas seis prazas vacantes

26/08/2026

A Escola Municipal de Música de Guitiriz anuncia o novo prazo de solicitude para as prazas vacantes do vindeiro curso 2026/2027, que está a piques de comezar.


Son, concretamente, seis as prazas que faltan por cubrir: dúas de guitarra, unha de saxofón, unha de percusión, unha de acordeón e outra de trombón/bombardino/trompeta.


As persoas interesadas en inscribirse poderán facelo dende este xoves 27 de agosto ata o xoves 10 de setembro. Para máis información, contactar co Concello de Guitiriz no 982 370 109 ou con Fran no 619 100 188.


O artigo A Escola Municipal de Música de Guitiriz amplía o prazo de solicitude para as súas seis prazas vacantes publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies