Noticias y alertas

O Concello de Guitiriz abre as inscricións para os Talleres de Informática 2026-27

03/09/2026

O Concello de Guitiriz abre as inscricións para os Talleres de Informática 2026-27. As persoas interesadas en participar, totalmente de balde, poderán presentar a súa solicitude dende o vindeiro luns, 7 de setembro, ata o 16 de setembro. O inicio das clases está previsto para cinco días despois do peche do prazo, o 21 de setembro, e terán lugar na Aula CeMIT.


As sesións para os adultos celebraranse os martes e xoves de 10:15 a 12:15 horas ou de 16:15 a 18:15 horas. Pola súa banda, haberá un horario diferenciado para os nenos e nenas de 2.º, 3.º e 4.º de Primaria (luns de 16:15 a 17:30 horas) e para os de 5.º e 6.º de Primaria (mércores de 16:15 a 17:30 horas).


Para inscribirse ou solicitar máis información, contactar por correo con cemit.guitiriz@xunta.gal ou por teléfono co 982 370 062.


O artigo O Concello de Guitiriz abre as inscricións para os Talleres de Informática 2026-27 publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies