Noticias y alertas

O martes 15 de setembro abre o prazo de inscrición no primeiro cuadrimestre da UNED Sénior 2026/2027

14/09/2026

Este martes, 15 de setembro, abrirá o prazo de inscrición da UNED Sénior 2026/2027 na Aula do Concello de Guitiriz da UNED Sénior da Coruña.


O prazo correspondente ao primeiro cuadrimestre permanecerá aberto ata o 28 de setembro. Durante este primeiro cuadrimestre ofreceranse as materias de música e inglés, nunha proposta formativa dirixida a persoas maiores de 50 anos, independentemente da súa formación previa.


As persoas interesadas en participar poderán formalizar a matrícula no Concello de Guitiriz. Para obter máis información, pódese contactar co Concello no teléfono 982 37 01 09 ou a través do correo electrónico info@concellodeguitiriz.com.


O artigo O martes 15 de setembro abre o prazo de inscrición no primeiro cuadrimestre da UNED Sénior 2026/2027 publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies