18/09/2026
Asinado o acordo co Club Fluvial de Lugo para que as persoas empadroadas en Guitiriz poidan seguir empregando a piscina de Outeiro de Rei do antigo Centro Deportivo D10 durante o curso 2026-2027.
A actividade desenvolverase do 5 de outubro ao 30 de xuño. Xa está dispoñible o trámite de inscrición. Todas as persoas empadroadas en Guitiriz que queiran beneficiarse do desconto e utilizar a piscina, tanto nenos como adultos, deberán achegarse á Casa do Concello para realizar a inscrición.
As persoas usuarias que estiveran inscritas en anos anteriores tamén deberán realizar novamente a inscrición.
No caso dos menores de 16 anos, o prezo será de 30 euros ao mes por acudir unha vez á semana á piscina e de 50 euros ao mes por acudir dúas veces á semana. Para os adultos, o prezo será de 35 euros ao mes por unha vez á semana e de 65 euros ao mes por dúas veces á semana.
As baixas poderanse formalizar antes do día 25 do mes anterior.
Podedes achegarvos á Casa do Concello no horario habitual de atención ao público para formalizar o trámite.
O artigo Asinado o acordo co Club Fluvial de Lugo para o uso da piscina de Outeiro de Rei durante o curso 2026-2027 publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies