Noticias e alertas

O Concello de Guitiriz abre o luns 21 de setembro o prazo de inscrición para as clases de baile para maiores de 50 anos

18/09/2026

O Concello de Guitiriz abre este luns, 21 de setembro, o prazo de inscrición para participar nas Clases de Baile dirixidas a persoas maiores de 50 anos, unha actividade pensada para fomentar a actividade física, o lecer e a participación social entre a veciñanza.


As clases desenvolveranse todos os venres, de 17:00 a 18:30 horas, na Aula da Nave do Senpa, e darán comezo o 16 de outubro. As persoas interesadas poderán formalizar a súa inscrición ata o 5 de outubro, ou ata completar o aforo establecido.


As inscricións poderán realizarse de xeito presencial no propio Concello de Guitiriz ou a través da Sede Electrónica municipal. Para obter máis información sobre a actividade, as persoas interesadas poden chamar ao teléfono 982 37 01 09.


SOLICITUDE CLASES DE BAILE SENIOR


O artigo O Concello de Guitiriz abre o luns 21 de setembro o prazo de inscrición para as clases de baile para maiores de 50 anos publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies