Noticias y alertas

O Concello abre o prazo de inscrición para o Curso de Cerámica 2026/2027

14/09/2026

O Concello de Guitiriz abrirá este martes, 15 de setembro, o prazo de inscrición para o Curso de Cerámica 2026/2027.


As inscricións poderán formalizarse desde as 8:30 horas do martes 15 de setembro e permanecerán abertas ata o 25 de setembro. O curso desenvolverase na Aula de Cerámica da Escola Habanera e contará con grupos os xoves pola tarde e os venres pola mañá e pola tarde.


As clases comezarán o xoves 8 de outubro e celebraranse os xoves de 16:00 a 17:30 horas, e os venres de 11:00 a 12:30 e de 18:30 a 20:00 horas. A actividade prolongarase ata o mes de maio.


O prezo será de 27 euros ao mes e as prazas serán limitadas, tendo preferencia as persoas empadroadas no municipio. As persoas interesadas poderán realizar a inscrición a través da Sede electrónica ou no Rexistro do Concello. Para máis información pódese chamar ao 982 37 01 09.


O artigo O Concello abre o prazo de inscrición para o Curso de Cerámica 2026/2027 publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies