18/09/2026
O Concello de Guitiriz abrirá o vindeiro luns 21 de setembro un novo prazo de inscrición nas Escolas Deportivas Municipais, destinado tanto a cubrir as prazas que quedaron vacantes como a incorporar novas persoas participantes nos grupos de recente creación.
En concreto, quedan prazas dispoñibles nas seguintes actividades e grupos: Ioga Grupo 2, Actividades Aeróbicas Grupo Adultos, Zumba Infantil, Patinaxe Grupo Parga, Baloncesto, Tenis de Mesa Grupo Nenos/as, Atletismo/Campo a Través, Pádel Grupo 1 e Pádel Grupo 4.
Ademais, o Concello habilitará novos grupos para dar resposta á demanda existente. Así, créase o Grupo 3 de Ximnasia de Adultos en Guitiriz, o Grupo 8 de Pilates en Guitiriz e o Grupo 9 de Pilates en Parga.
O prazo de inscrición abrirá o luns 21 de setembro ás 8:30 horas e permanecerá aberto ata o venres 25 de setembro ás 14:30 horas.
As persoas interesadas poderán formalizar a súa inscrición a través da sede electrónica do Concello de Guitiriz ou de maneira presencial nas dependencias municipais.
O artigo O Concello de Guitiriz abrirá o luns 21 de setembro un novo prazo de inscrición para as vacantes e grupos novos das Escolas Deportivas Municipais publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies