Noticias e alertas

As reunións informativas de Educando en Familia serán o 21 e 22 de setembro

16/09/2026

Lembramos as reunións informativas de Educando en Familia, o programa educativo gratuíto dirixido a familias con crianzas de 0 a 6 anos. As sesións terán lugar o luns 21 de setembro, ás 16:30 h, no CEIP Lagostelle de Guitiriz, e o martes 22 de setembro, ás 10:30 h, no Colexio Público de Santo Estevo de Parga.


Como novidade, este ano o programa ofrece acompañamento psicopedagóxico gratuíto e individualizado ás familias, con orientación sobre desenvolvemento infantil, detección temperá, regulación emocional, autonomía, habilidades sociais e necesidades específicas de aprendizaxe ou desenvolvemento.


Para máis información, podedes contactar no 636 45 21 45. Para o servizo de acompañamento psicopedagóxico, podedes contactar con Carolina García, pedagoga especialista, no 676 259 076.



O artigo As reunións informativas de Educando en Familia serán o 21 e 22 de setembro publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies