Noticias y alertas

O programa ‘Guitiriz en Ruta’ retoma a súa actividade coa ‘Ruta pola Pontenova’

22/09/2026

O programa ‘Guitiriz en Ruta’, promovido polas Escolas Deportivas Municipais do Concello de Guitiriz, retoma a súa actividade despois do parón veraniego coa ‘Ruta pola Pontenova’, unha nova proposta de sendeirismo que terá lugar este domingo, 27 de setembro.


A iniciativa combina a Ruta das Minas coa Ruta do Ferrocarril, nun percorrido de aproximadamente 16 quilómetros e dificultade baixa, pensado para gozar da contorna e da práctica deportiva ao aire libre.


A saída está prevista para as 9:00 horas desde a praza do Campo da Feira de Guitiriz, estando previsto o regreso ao mesmo punto arredor das 19:00 horas.


Desde a organización recoméndase ás persoas participantes levar comida e bebida para picar e xantar durante a andaina, así como protección solar, gorra ou sombreiro e calzado cómodo e axeitado para camiñar. Tamén se aconsella levar bastóns, no caso das persoas que estean habituadas ao seu uso.


O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o venres 25 de setembro ás 14:00 horas. As inscricións poderán realizarse de maneira presencial ou a través do teléfono 982 370 109.


A actividade está aberta ao público en xeral, aínda que as persoas menores de idade deberán participar acompañadas dunha persoa adulta. Ao tratarse dunha ruta fóra do termo municipal de Guitiriz, a inscrición terá un custo de 5 euros para as persoas empadroadas, 10 euros para as non empadroadas e será gratuíta para menores de 14 anos.


O artigo O programa ‘Guitiriz en Ruta’ retoma a súa actividade coa ‘Ruta pola Pontenova’ publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies