Noticias y alertas

O CEIP Plurilingüe Lagostelle acollerá o contacontos ‘As tecedeiras da esperanza. Contos solidarios’

23/09/2026

O vindeiro venres 25, o CEIP Plurilingüe Lagostelle de Guitiriz acollerá unha sesión de contacontos a cargo de Anxo Avelino Moure Mosquera, quen achegará ao alumnado o espectáculo ‘As tecedeiras da esperanza. Contos solidarios’. O espectáculo será a porta pechada para o alumnado do centro e celebrarase a partir das 10:00 horas.


A actividade está organizada pola Biblioteca Pública Municipal de Guitiriz e forma parte do programa Ler Conta Moito, unha iniciativa orientada á dinamización da lectura e ao fomento da narración oral entre o público infantil e xuvenil.


O artigo O CEIP Plurilingüe Lagostelle acollerá o contacontos ‘As tecedeiras da esperanza. Contos solidarios’ publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies