23/09/2026
O Concello de Guitiriz abrirá o vindeiro luns, 28 de setembro, o prazo de inscrición para participar no Taller de Estimulación Cognitiva e da Memoria, unha actividade orientada a traballar e reforzar diferentes capacidades cognitivas a través de exercicios e dinámicas prácticas e amenas.
As sesións estarán centradas en aspectos como a atención, a concentración, a memoria, a lóxica e a ximnasia cerebral, con actividades deseñadas para estimular as capacidades cognitivas e favorecer o seu mantemento.
O taller contará con dous grupos, un en Guitiriz e outro en Parga. En Guitiriz, as sesións desenvolveranse os venres ás 11:30 horas na Escola Habanera, cun inicio previsto para o venres 16 de outubro. Pola súa banda, en Parga terá lugar os xoves ás 11:00 horas na Escola das Nenas, comezando o xoves 15 de outubro.
O prazo para formalizar as inscricións permanecerá aberto ata o 9 de outubro ou ata completar o aforo. As persoas interesadas poderán realizar a inscrición presencialmente no Concello de Guitiriz ou a través da sede electrónica municipal. O modelo de solicitude está dispoñible para a súa descarga na ligazón de abaixo:
SOLICITUDE ESTIMULACION COGNITIVA
O artigo Guitiriz abrirá o vindeiro luns 28 de setembro o prazo de inscrición para o Taller de Estimulación Cognitiva e da Memoria publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies