Noticias y alertas

O CEIP Santo Estevo de Parga acollerá o contacontos ‘Iguais e diferentes’

28/09/2026

O vindeiro venres, 2 de outubro, o CEIP Santo Estevo de Parga acollerá o contacontos ‘Iguais e diferentes’, a cargo de Manuel Solla Barragáns, unha proposta que combina narración oral, maxia, xogos e moitas sorpresas para achegar ao alumnado valores relacionados coa igualdade e a convivencia. A actuación está destinada ao alumnado do centro e será a partir das 12:50 horas.


O espectáculo está cociñado con maxia, contos e grandes doses de concienciación, acompañadas de sorrisos e aderezadas con amor. Ao longo da actividade, as historias, os xogos e os trucos de maxia servirán para reflexionar sobre a importancia de comprender que todas as persoas somos iguais, temos os mesmos dereitos e deberes e, ao mesmo tempo, somos diferentes e únicas. Como broche final, o alumnado participará na elaboración dun pastel de forma máxica, unha actividade colectiva coa que se pechará o espectáculo dun xeito divertido e participativo.


A iniciativa está organizada pola Biblioteca Pública Municipal de Guitiriz e forma parte do programa ‘Ler Conta Moito’, unha proposta destinada á dinamización da lectura e ao fomento da narración oral, especialmente entre o público infantil e xuvenil. Con esta actividade, a Biblioteca Pública Municipal de Guitiriz continúa apostando por achegar a lectura e a narración oral aos máis novos a través de propostas lúdicas, participativas e educativas que contribúan, ao mesmo tempo, á transmisión de valores como a igualdade, o respecto e a convivencia.


O artigo O CEIP Santo Estevo de Parga acollerá o contacontos ‘Iguais e diferentes’ publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies