Noticias e alertas

O Concello de Guitiriz inviste preto de 10.000 euros na mellora dos espazos de xogo dos centros educativos

30/09/2026

O Concello de Guitiriz realizou un investimento de 9.830,74 euros destinado á mellora dos espazos de xogo e lecer do alumnado dos centros educativos do municipio, o CEIP Lagostelle de Guitiriz e o CEIP Santo Estevo de Parga. A actuación foi financiada con cargo ao Plan Deputación de Cooperación cos Concellos 2026 e permitiu incorporar novos elementos e materiais destinados a favorecer o xogo e o desfrute dos nenos e nenas durante o tempo de lecer.


No CEIP Santo Estevo de Parga instaláronse un columpio e un tobogán, ampliando así as posibilidades de xogo ao aire libre para o alumnado e dotando o centro de novos equipamentos para o desfrute dos nenos e nenas.


Pola súa banda, no CEIP Lagostelle de Guitiriz incorporáronse casetas de madeira e diverso material para o xogo, creando novos espazos e recursos que permiten ao alumnado desenvolver actividades lúdicas e de convivencia durante os períodos de lecer.


A alcaldesa de Guitiriz, Marisol Morandeira, destacou a importancia de seguir investindo nos centros educativos do municipio e sinalou que “desde o Concello consideramos fundamental que os nenos e nenas de Guitiriz dispoñan de espazos educativos e de lecer axeitados, seguros e pensados para as súas necesidades. Esta actuación permítenos mellorar os patios dos nosos colexios e incorporar novos elementos que favorecen o xogo, a convivencia e o desenvolvemento dos máis pequenos”.


Morandeira subliñou tamén que “continuaremos traballando para atender as necesidades dos centros educativos e colaborar coa comunidade educativa na mellora das súas instalacións e equipamentos, porque investir na infancia é tamén investir no futuro do noso municipio”.


O artigo O Concello de Guitiriz inviste preto de 10.000 euros na mellora dos espazos de xogo dos centros educativos publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies