Noticias e alertas

Guitiriz acollerá a exposición de Iris Debasa, unha colección de 35 obras protagonizadas polos animais, a partir do 8 de outubro

30/09/2026

A Escola Habanera de Guitiriz acollerá a exposición da artista vilalbesa Iris Debasa, unha colección moi especial composta por 35 obras nas que os animais son os grandes protagonistas. A mostra será inaugurada o vindeiro 8 de outubro ás 17:00 horas e poderá visitarse ata o 29 de outubro.


Os debuxos están realizados con carboncillo, lapis e rotulador negro, técnicas coas que a artista consegue captar as miradas, os aloumiños, os sorrisos e outros pequenos xestos dos animais, transmitindo a través deles diferentes emocións. As obras convidan a parar, observar e descubrir esa beleza que nos rodea cada día, ofrecendo unha mirada próxima e sensible ao mundo animal.


Iris Debasa é unha artista vilalbesa apaixonada polo debuxo desde moi pequena. Licenciada en Bioloxía, compaxina a súa actividade profesional coa súa paixón pola arte e pola creación. A súa obra puido verse anteriormente en exposicións celebradas en Vilalba e Xermade, e agora chega a Guitiriz cunha selección de traballos nos que destaca o seu dominio das técnicas do debuxo e a súa capacidade para captar a expresividade dos animais.


A exposición poderá visitarse de luns a venres, en horario de 9:00 a 14:00 horas, e de luns a xoves tamén pola tarde, de 16:00 a 18:30 horas, completamente de balde.


O artigo Guitiriz acollerá a exposición de Iris Debasa, unha colección de 35 obras protagonizadas polos animais, a partir do 8 de outubro publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies