09/10/2026
O vindeiro domingo, 18 de outubro, volve ‘BTTeando por Guitiriz‘ tras as vacacións de verán. Faino, coma sempre, da man do Concello de Guitiriz e de Btteiros Cova da Serpe, club ciclista local, organizadores desta serie de actividades pensadas para os amantes da bicicleta de montaña e da natureza.
A nova tempada inaugurarase coa celebración da Ruta de Roca que, como o seu propio nome indica, transcorrerá pola parroquia homónima ao longo dun percorrido de 20 quilómetros e 300 metros de desnivel.
Esta ruta está, como é habitual, pensada para todos os públicos. O obxectivo da actividade é descubrir, na compañía do grupo e a un ritmo tranquilo, os recunchos da parroquia de Roca e desfrutar do traxecto en bicicleta e do patrimonio natural deste punto do municipio guitiricense.
O prazo de inscrición pecha o vindeiro xoves, 15 de outubro. Todas as persoas interesadas en participar neste evento inaugural da nova tempada de ‘BTTeando por Guitiriz’ poden anotarse a través do código QR dispoñible no cartel ou no propio Concello de Guitiriz.
O artigo ‘BTTeando por Guitiriz’ volve o domingo 18 de outubro coa Ruta de Roca publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies