Noticias e alertas

Ábrese o prazo de inscrición nas prazas vacantes das Escolas Deportivas Municipais 2026/2027

14/10/2026

Mañá, xoves 15 de outubro, abrirase o prazo de solicitude para cubrir as prazas vacantes nas diferentes disciplinas das Escolas Deportivas Municipais 2026/2027 que dispoñan de prazas libres. O prazo permanecerá aberto ata o 31 de maio.


As persoas interesadas poderán inscribirse en tantas disciplinas deportivas como desexen, sempre que existan prazas dispoñibles. No caso de que non haxa vacantes na actividade solicitada, pasarán a formar parte dunha lista de agarda e permanecerán nela ata que se libere algunha praza.


Para a incorporación ás actividades, as solicitudes formalizadas antes do día 25 de cada mes permitirán comezar no mes seguinte.


As inscricións poderán realizarse a través da sede electrónica ou de xeito presencial no Concello.


Deste xeito, as persoas interesadas terán a oportunidade de incorporarse ás Escolas Deportivas Municipais ao longo da tempada, en función das prazas dispoñibles nas distintas disciplinas.


O artigo Ábrese o prazo de inscrición nas prazas vacantes das Escolas Deportivas Municipais 2026/2027 publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies