19/10/2026
O Concello de Guitiriz abrirá o vindeiro luns 26 de outubro un novo prazo para cubrir as prazas vacantes na Escola Infantil Municipal de cara ao curso 2026/2027. En concreto, quedan dispoñibles 8 prazas no Grupo 2-3.
As familias interesadas poderán presentar as súas solicitudes ata o 31 de outubro, tanto de xeito presencial nas dependencias municipais como a través da sede electrónica do Concello.
Para obter máis información sobre o proceso de solicitude e os requisitos de acceso, as persoas interesadas poden consultar a páxina web oficial do Concello de Guitiriz ou acudir presencialmente ao Departamento de Servizos Sociais.
O artigo Guitiriz abrirá un novo prazo para cubrir as prazas vacantes na Escola Infantil Municipal para o curso 2026/2027 publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies