Noticias e alertas

O programa ‘Guitiriz en Ruta’ regresa este domingo coa Ruta do Bosque da Fervenza

19/10/2026

O programa ‘Guitiriz en Ruta’ regresa este domingo, 25 de outubro, cunha nova proposta para desfrutar da natureza e da actividade física ao aire libre. A iniciativa, posta en marcha polas Escolas Deportivas Municipais coa colaboración do Concello de Guitiriz, ofrecerá nesta ocasión un percorrido pola contorna de Lugo coa celebración da Ruta do Bosque da Fervenza.


A actividade contará cun itinerario aproximado de 12 quilómetros. A saída está prevista para as 9:00 horas desde a praza do Campo da Feira de Guitiriz, mentres que o regreso ao mesmo punto terá lugar a partir das 15:00 horas.


As persoas interesadas en participar poderán inscribirse ata as 14:00 horas deste venres, 23 de outubro. O trámite poderá realizarse presencialmente no Concello de Guitiriz ou a través do teléfono 982 37 01 09.


Ao tratarse dunha saída fóra do termo municipal, o prezo da inscrición será de 5 euros para as persoas empadroadas en Guitiriz e de 10 euros para as non empadroadas.


A ruta está aberta ao público en xeral, aínda que as persoas menores de idade deberán participar acompañadas dunha persoa adulta.


O artigo O programa ‘Guitiriz en Ruta’ regresa este domingo coa Ruta do Bosque da Fervenza publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies