Noticias e alertas

Máis de medio centenar de ciclistas participaron na ruta ‘Btteando por Roca’

19/10/2026

O Concello de Guitiriz e o Club Btteiros Cova da Serpe celebraron unha nova saída do programa ‘BTTeando por Guitiriz’, que nesta ocasión levou as persoas participantes ata a parroquia de Roca para descubrir o seu patrimonio, a súa historia e a súa contorna natural.


Máis de 50 ciclistas déronse cita na Antiga Escola de Roca nunha mañá fresca, pero con boas condicións meteorolóxicas para a práctica deportiva. Antes de iniciar a ruta, as persoas participantes tiveron a oportunidade de visitar o interior da antiga escola e coñecer de primeira man a historia e o valor cultural da parroquia, grazas ás explicacións de D. Alfonso Blanco.


A continuación, o grupo completou un percorrido polas diferentes aldeas e camiños da contorna de Roca, nunha xornada que combinou deporte, natureza e coñecemento do patrimonio local.


Durante a ruta, as persoas participantes realizaron unha parada para repoñer forzas cun avituallamento de chocolate con churros, ofrecido pola Comunidade de Montes de Roca.


A xornada transcorreu sen incidencias e permitiu aos ciclistas desfrutar dunha nova experiencia de convivencia e de coñecemento do territorio dentro do programa ‘BTTEando por Guitiriz’.


O artigo Máis de medio centenar de ciclistas participaron na ruta ‘Btteando por Roca’ publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies