Noticias y alertas

Actuación no centro de extensión de cobertura do sinal de TDT de Momán

19/10/2026

A Oficina Técnica da Televisión Dixital en Galicia está executando unha serie de actuacións para realizar os cambios necesarios para cumprir coa Fase 1 do proceso de evolución tecnolóxica da TDT nos centros de extensión de cobertura do sinal de TDT.


Estas intervencións realizaranse o próximo xoves 22 de outubro no centro de extensión de cobertura de TDT de Momán e implicarán cambios nas canles de televisión.


Os veciños e veciñas que reciban o sinal deste centro deberán realizar unha busca das novas canles no receptor de TDT para seguir desfrutando da programación. No caso das comunidades de veciños, pode ser necesario axustar a instalación colectiva para garantir unha boa recepción do sinal.


Segundo os cálculos de cobertura da Oficina da Televisión Dixital, veranse beneficiados deste cambio os veciños e veciñas das seguintes entidades de poboación do Concello de Guitiriz:


– As Toxeiras (Labrada).

– Sinde (Labrada).

– Rebórdelo (O Buriz).

– Xiá (O Buriz).


Para máis información pódese chamar ao teléfono 881 866 388 ou consultar a web www.tdtgalicia.gal.


O artigo Actuación no centro de extensión de cobertura do sinal de TDT de Momán publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies