Noticias e alertas

O 21 de outubro abre o prazo para inscribirse no obradoiro gratuíto ‘Recicla e repara’

20/10/2026

O Concello de Guitiriz informa da apertura do prazo de inscrición para participar no obradoiro ‘Recicla e repara’, unha actividade gratuíta dirixida a persoas adultas que busca fomentar a reutilización e a reparación de materiais e obxectos en desuso, dándolles unha segunda vida.


A iniciativa, organizada pola Deputación de Lugo e a Reserva da Biosfera Terras do Miño, conta coa colaboración do Concello de Guitiriz e pretende promover hábitos máis sostibles, apostando polo aproveitamento dos recursos e pola redución de residuos a través da creatividade e da reparación.


O obradoiro desenvolverase os días 4, 5 e 6 de novembro, en horario de 10:00 a 14:00 horas, na Escola Habanera de Guitiriz.


As persoas interesadas poderán inscribirse do 21 ao 28 de outubro, de xeito presencial nas dependencias do Concello ou chamando ao teléfono 982 370 109, en horario de 8:30 a 14:30 horas.


As prazas son limitadas e terán preferencia as persoas empadroadas no municipio.


O artigo O 21 de outubro abre o prazo para inscribirse no obradoiro gratuíto ‘Recicla e repara’ publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies