Noticias e alertas

Guitiriz abrirá un novo prazo para cubrir as prazas vacantes do programa ‘Guitiriz Concilia’

23/10/2026

O Concello de Guitiriz abrirá do 2 ao 5 de novembro un novo prazo de solicitude para cubrir as prazas vacantes do programa Guitiriz Concilia para o curso 2026/2027.


En concreto, quedan dispoñibles cinco prazas no Concilia Tardes de Lagostelle e dúas no Madrugador de Parga, que se ofertarán neste novo período de inscrición.


As solicitudes poderán presentarse entre o 2 e o 5 de novembro, ambos os dous incluídos, tanto de xeito presencial como a través da Sede Electrónica do Concello.


O calendario do proceso continuará o 9 de novembro, coa publicación da listaxe provisional de persoas admitidas. As familias deberán realizar o pagamento correspondente o 12 de novembro, mentres que a listaxe definitiva de persoas admitidas se publicará o 13 de novembro.


O artigo Guitiriz abrirá un novo prazo para cubrir as prazas vacantes do programa ‘Guitiriz Concilia’ publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies