Noticias e alertas

A Biblioteca Pública Municipal conmemora o Mes da Ciencia en Galego co obradoiro ‘Con ciencia de muller’

23/10/2026

A Biblioteca Pública Municipal de Guitiriz conmemora o Mes da Ciencia en Galego coa organización do obradoiro ‘Con ciencia de muller’, unha actividade que terá lugar o vindeiro 4 de novembro no soto da Escola Habanera, no marco do programa de dinamización da lectura Ler Conta Moito.


A iniciativa está dirixida ao alumnado de 4º da ESO e Bacharelato do IES Poeta Díaz Castro, que terá a oportunidade de achegarse á ciencia a través do coñecemento de mulleres científicas galegas que destacaron polos seus logros e contribucións nos seus respectivos campos de investigación.


Durante o obradoiro, as persoas participantes realizarán diferentes experimentos e descubrirán as traxectorias de grandes científicas galegas, coñecendo o seu labor e a importancia das súas achegas ao avance do coñecemento e ao progreso da humanidade.


Con esta proposta, a Biblioteca Pública Municipal súmase á conmemoración do Mes da Ciencia en Galego, promovendo o interese pola investigación científica, visibilizando o papel das mulleres na ciencia e achegando a mocidade a referentes femininos do ámbito científico.


A actividade será pechada ao público xeral e estará destinada exclusivamente ao alumnado participante do IES Poeta Díaz Castro.


O artigo A Biblioteca Pública Municipal conmemora o Mes da Ciencia en Galego co obradoiro ‘Con ciencia de muller’ publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies