23/10/2026
O Concello de Guitiriz dará continuidade á formación ‘Comprender para acompañar. Como previr e actuar ante condutas de risco e autolesivas’, unha iniciativa dirixida a familias, profesorado e público en xeral interesado no benestar emocional da mocidade.
A segunda parte desta actividade terá lugar o mércores 11 de novembro, de 16:30 a 18:30 horas, no IES Poeta Díaz Castro. Esta nova sesión dará continuidade á formación celebrada o pasado mes de maio e manterá os mesmos contidos, co obxectivo de seguir achegando información e ferramentas prácticas para comprender, previr e actuar ante posibles condutas de risco e autolesivas entre a mocidade.
A participación é de balde, pero será necesario realizar unha inscrición previa a través do seguinte formulario en liña: https://forms.gle/cPEwhN18pkhPsCJz5. O prazo para anotarse permanecerá aberto ata o 10 de novembro.
A iniciativa está organizada polo Concello de Guitiriz, coa colaboración do IES Poeta Díaz Castro e de Ludus Tempori, e enmárcase no compromiso municipal coa sensibilización, a prevención e a promoción do benestar emocional da mocidade.
O artigo O Concello organiza a segunda parte da formación ‘Comprender para acompañar’, centrada na prevención de condutas de risco na mocidade publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies