Noticias y alertas

A Biblioteca de Guitiriz celebra o Día das Bibliotecas cun trivial literario e cultural con dez premios

23/10/2026

A Biblioteca Pública Municipal de Guitiriz pon en marcha a iniciativa ‘Entre libros anda o xogo’, unha actividade lúdica e cultural organizada con motivo do Día das Bibliotecas que busca fomentar o interese pola lectura e achegar a literatura e a cultura á cidadanía dun xeito participativo e divertido.


A proposta consiste nun trivial literario e cultural no que as persoas participantes poderán poñer a proba os seus coñecementos respondendo ás preguntas dispoñibles na entrada da Escola Habanera. A actividade desenvolverase entre o 26 de outubro e o 2 de novembro, ambos os días incluídos, e a participación será totalmente gratuíta.


Para participar, só será necesario escoller as preguntas que se desexen responder, indicar a resposta considerada correcta e escribir na parte traseira de cada tarxeta o nome e un dato de contacto, xa sexa un teléfono ou un correo electrónico. Unha vez cubertas, as tarxetas deberán depositarse na urna habilitada para o sorteo na biblioteca.


Cada resposta correcta, acompañada dos datos necesarios, dará dereito a unha participación no sorteo. Deste xeito, cada persoa poderá responder tantas preguntas como queira e aumentar as súas posibilidades de conseguir un premio. As respostas incorrectas non sumarán participacións.


Entre todas as participacións válidas sortearanse dez soportes para libros, pensados para facilitar a lectura con maior comodidade e permitir manter as mans libres mentres se goza dun libro. Para garantir que os agasallos cheguen a dez persoas diferentes, cada participante poderá obter un único premio como máximo.


O artigo A Biblioteca de Guitiriz celebra o Día das Bibliotecas cun trivial literario e cultural con dez premios publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies