Noticias y alertas

Antonio Prieto e Jorge González gañan o XXII Rally Rías Altas de Regularidade e Juan Recimil e Alejandro Barrio vencen na modalidade de tarde

25/10/2026

Onte, sábado 24 de outubro, celebrouse o XXII Rally Rías Altas de Regularidade, organizado polo Moto Club Coruña-Escudería Centollo, coa colaboración do Concello de Guitiriz e do Iberik Gran Balneario de Guitiriz.


A proba contou coa participación de 43 pilotos e cun percorrido duns 300 quilómetros por 19 concellos das provincias da Coruña e Lugo. A competición ofreceu a posibilidade de participar no tramo de mañá, no de tarde ou na xornada completa.


A modalidade de tarde tivo a saída na praza do Campo da Feira de Guitiriz e a chegada no Iberik Gran Balneario de Guitiriz, onde se celebrou a entrega de premios e a cea de confraternización.


Nesta edición, o primeiro posto foi para o vehículo WW Sirocco, conducido polo piloto Antonio Prieto e o copiloto Jorge González, da escudaría Arenteiro Clásicos. Na xornada da tarde o gañador foi o Toyota Celica 2.0 GT conducido por Juan Recimil e Alejandro Barrio da escudaría O Toxo.


Ao remate da competición, celebrouse unha cea de confraternización no Iberik Gran Balneario de Guitiriz, durante a cal se entregaron os trofeos aos gañadores. No acto participaron os competidores e representantes das entidades organizadoras, e colaboradoras, así como Daniel Val, director de Iberik Balneario.


O artigo Antonio Prieto e Jorge González gañan o XXII Rally Rías Altas de Regularidade e Juan Recimil e Alejandro Barrio vencen na modalidade de tarde publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies