Noticias y alertas

A Federación de Comercio de Lugo sorteará un coche entre os clientes do comercio de proximidade no ‘Gran Sorteo do Pequeno Comercio Lugo’

28/10/2026

O Concello de Guitiriz anima á veciñanza a participar na campaña ‘O Gran Sorteo do Pequeno Comercio de Lugo’, unha iniciativa da Federación de Comercio de Lugo e a Deputación Provincial de Lugo, coa colaboración da Federación Galega de Comercio, para fomentar as compras no comercio de proximidade.


A campaña desenvolverase do 20 de outubro ao 30 de novembro de 2026. Poderán participar todas as persoas que realicen compras por un importe superior a 10 euros nos establecementos de comercio de proximidade da provincia de Lugo durante este período. Entre todas as persoas participantes sortearase, o 3 de decembro de 2026, un coche MG3 HYBRID+.


Para participar, é necesario fotografar e gardar o tícket de compra como xustificante e rexistrar a compra na páxina web da campaña. Tamén existe a posibilidade de que o propio comerciante rexistre a compra, de xeito voluntario, o que lle permitirá ao cliente obter unha participación adicional no sorteo.


Para resolver calquera dúbida, as persoas interesadas poden chamar ao teléfono gratuíto 900 103 087 ou escribir ao correo electrónico gransorteocoche@comerciogalicia.es.


Esta iniciativa busca impulsar o comercio local e de proximidade, apoiando os establecementos da provincia de Lugo e incentivando as compras no pequeno comercio.


O artigo A Federación de Comercio de Lugo sorteará un coche entre os clientes do comercio de proximidade no ‘Gran Sorteo do Pequeno Comercio Lugo’ publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies