Noticias y alertas

A Escola Habanera de Guitiriz acollerá o ciclo de curtametraxes ‘Olladas do Sur’, centrado na África lusófona

02/11/2026

A Escola Habanera de Guitiriz acollerá o vindeiro martes 17 de novembro o ciclo audiovisual ‘Olladas do Sur: cinema en curto desde a África lusófona’, unha iniciativa impulsada polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade que busca achegar á cidadanía a realidade social, cultural e cotiá de distintos países africanos de fala portuguesa.


A actividade dará comezo ás 16:30 horas e contará coa proxección de tres curtametraxes rodadas en Cabo Verde, Guinea-Bissau e Mozambique. A través destas pezas audiovisuais, o público poderá descubrir outras realidades, coñecer diferentes formas de vida e achegarse á diversidade cultural e aos contextos sociais destes territorios, que non adoitan contar cunha presenza destacada na programación cultural convencional.


Tras as proxeccións, desenvolverase un coloquio no que se darán a coñecer os proxectos de cooperación apoiados polas deputacións e os concellos socios do Fondo Galego nestes territorios. O encontro servirá tamén para estimular o debate e a reflexión colectiva a partir de preguntas e escenas clave das curtametraxes, favorecendo o diálogo entre as persoas asistentes.


O artigo A Escola Habanera de Guitiriz acollerá o ciclo de curtametraxes ‘Olladas do Sur’, centrado na África lusófona publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies