Noticias e alertas

O Concello de Guitiriz ofrecerá un taller de defensa persoal para mulleres

03/11/2026

O Concello de Guitiriz ofrecerá un taller de defensa persoal dirixido a mulleres maiores de idade ou a partir de 16 anos con autorización. Esta actividade terá lugar o sábado, 5 de decembro, nas instalacións da nave do SENPA.


Haberá dous turnos diferentes, para facilitar a adaptación da formación segundo as idades das persoas participantes: pola mañá, de 10:00 a 14:00 horas, formarase un grupo de mulleres maiores de 45 anos; e pola tarde, de 16:00 a 20:00 horas, poderán acudir aquelas que teñan menos de 45 anos.


O obxectivo deste taller é facilitarlles ás mulleres participantes unha serie de ferramentas e técnicas básicas para que se poidan sentir seguras fronte a posibles situacións de risco e axudarlles a potenciar os seus niveis de autoconfianza.


Podes inscribirte presencialmente na área de Servizos Sociais do Concello, chamando ao 982 37 01 09 ou completando o FORMULARIO DE INSCRICIÓN.


O artigo O Concello de Guitiriz ofrecerá un taller de defensa persoal para mulleres publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies