Noticias y alertas

‘BTTeando por Guitiriz’ volve o domingo 15 de novembro coa Ruta de Gravel

09/11/2026

O vindeiro domingo, 15 de novembro, volve ‘BTTeando por Guitiriz’ coa Ruta de Gravel. Faino, coma sempre, da man do Concello de Guitiriz e de BTTeiros Cova da Serpe, club ciclista local, organizadores desta serie de actividades pensadas para os amantes da bicicleta de montaña e da natureza.


Tras a celebración da Ruta de Roca o pasado 18 de outubro, que reuniu a máis de medio centenar de ciclistas, chega esta nova saída, que constará dun percorrido de, aproximadamente, 25 quilómetros sen grandes dificultades técnicas.


A ruta está, como é habitual, pensada para todos os públicos. Sairá dende o Campo de Feira de Guitiriz e transcorrerá por pistas de terra de Mariz, O Boedo, Santa Mariña e Pardiñas. O obxectivo da actividade é rodar a ritmo tranquilo, desfrutando do grupo e da contorna.


O prazo de inscrición pecha o vindeiro xoves, 12 de novembro. Todas as persoas interesadas en participar neste evento poden anotarse a través do código QR dispoñible no cartel ou da seguinte ligazón: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScun_bqkHTpdnvkQMiA40UHmgmAMhxboBIIq1Klf68naxuDsQ/viewform


O artigo ‘BTTeando por Guitiriz’ volve o domingo 15 de novembro coa Ruta de Gravel publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies