Noticias y alertas

Listado provisional de admitidos no prazo extraordinario do Concilia Escolar 2026/2027

11/11/2026

Listado provisional de admitidos no prazo extraordinario do Concilia Escolar 2026/2027.


As persoas admitidas no programa Concilia Escolar 2026/2027, correspondente ao prazo extraordinario aberto entre os días 2 e 5 de novembro, recibirán mañá, xoves 12 de novembro, un correo electrónico coa liquidación correspondente.


Se non é así, ou se se detecta algún erro ou discrepancia na liquidación, poden contactar co Concello no teléfono 982 370 109. Recoméndase revisar o buzón de spam (correo non desexado) para comprobar que non se recibiu alí a mensaxe.


O prazo de pago comeza o venres 13 e remata o martes 17 de novembro de 2026.


Formas de pago:

– Con tarxeta bancaria nas Oficinas xerais do Concello de Guitiriz (cobro por TPV).

– A través do sistema de pagos en liña do Concello.

– Nas oficinas de ABANCA Corporación.


Non é necesario remitir o xustificante de pago. Os servizos económicos do Concello realizarán de oficio as comprobacións oportunas.


As listas definitivas publicaranse o vindeiro 19 de novembro.


LISTADO PROVISIONAL DE ADMITIDOS PRAZO EXTRAORDINARIO NOVEMBRO 2026


O artigo Listado provisional de admitidos no prazo extraordinario do Concilia Escolar 2026/2027 publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies