Noticias e alertas

O Concello colabora na organización dunha viaxe a Puebla de Sanabria para gozar das luces de Nadal

25/11/2026

O Concello de Guitiriz colabora na organización dunha excursión a Puebla de Sanabria o vindeiro 10 de decembro, xoves, co obxectivo de gozar do ambiente e da iluminación do Nadal desta localidade zamorana.


A viaxe terá un prezo de 65 euros por persoa e a saída está prevista para as 10:00 horas desde o Campo da Feira de Guitiriz. Durante o traxecto de ida realizaranse dúas paradas, unha delas para xantar nun restaurante, onde as persoas participantes poderán degustar un menú composto por queixo Afuega’l pitu con marmelada de figos, táboa de embutidos de León, pote asturiano, tarta de queixo, café e chupito.


A chegada a Puebla de Sanabria está prevista arredor das 17:30 horas. Unha vez alí, dedicarase a tarde a visitar e percorrer o municipio, coñecendo os seus recunchos e gozando da súa decoración e iluminación de Nadal. O regreso iniciarase ás 20:00 horas, con outra parada en ruta. A chegada a Guitiriz está prevista arredor da 1:00 da madrugada.


As persoas interesadas poderán formalizar a súa reserva ata o 4 de decembro, de xeito presencial nas dependencias do Concello de Guitiriz. Debido a que as prazas son limitadas, terán preferencia as persoas empadroadas no municipio. Para que a excursión poida levarse a cabo será necesario contar cun mínimo de 30 persoas inscritas.


Para obter máis información ou resolver calquera dúbida, as persoas interesadas poden chamar ao teléfono 982 37 01 09.


O artigo O Concello colabora na organización dunha viaxe a Puebla de Sanabria para gozar das luces de Nadal publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies