07/11/2024
O Concello de Guitiriz abre o prazo para inscribirse no curso ‘Atención hixiénico sanitaria para persoas dependentes’, que se realizará en conxunto co Concello de Xermade.
As inscricións estarán abertas ata o venres 15 de novembro en cada concello, pero o curso celebrarase na Escola Habanera de Guitiriz. Constará de dúas xornadas os días 18 e 19 de novembro de 16:30 a 19:30 horas.
Trátase dun curso homologado, polo que conta con certificado oficial para todas as persoas que completen as dúas sesións.
Pódese solicitar máis información e realizar a inscrición chamando ao teléfono dos Servizos Sociais do Concello de Guitiriz, no número 982 37 01 09, ou chamando ao número dos Servizos Sociais do Concello de Xermade, no 678 74 41 78.
O artigo Guitiriz abre o prazo para inscribirse no curso ‘Atención hixiénico sanitaria para persoas dependentes’, que se realizará en conxunto con Xermade publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies