Noticias y alertas

A Ruta do Monte dos Vilares pechará este domingo a sétima edición do ‘Guitiriz en Ruta’

15/12/2025

Guitiriz despedirá este domingo, 21 de decembro, a sétima edición do programa ‘Guitiriz en Ruta’ coa celebración da Ruta do Monte dos Vilares, a última andaina tanto do ano 2025 como do calendario desta iniciativa posta en marcha polas Escolas Deportivas Municipais e o Concello de Guitiriz.


A ruta contará cun percorrido aproximado de 15 quilómetros e presenta unha dificultade baixa, marcada unicamente pola distancia, xa que non inclúe subidas pronunciadas nin presenta dificultades técnicas. A andaina transcorrerá por pistas e camiños de monte, incluíndo unha visita ao miradoiro do Monte dos Vilares, un dos puntos destacados do itinerario.


A saída está programada para as 10:00 horas desde a área recreativa do pantano de San Xoán, lugar no que tamén se realizará a chegada, prevista arredor das 14:00 horas. Ao tratarse dunha actividade de mañá, recoméndase ás persoas participantes levar auga e algo de comida para picar durante o percorrido.


O prazo de inscrición permanecerá aberto ata este xoves, 18 de decembro, ás 15:00 horas. A participación é de balde e as persoas interesadas poden anotarse no Concello de Guitiriz, de maneira presencial ou chamando ao teléfono 982 37 01 09.


A ruta está aberta ao público en xeral, aínda que os menores de idade deberán participar acompañados dunha persoa adulta.


Con esta última andaina, o Concello de Guitiriz pon o broche final a unha nova edición do programa ‘Guitiriz en Ruta’, xa asentado no municipio e co que se busca promover a práctica deportiva entre a veciñanza.


O artigo A Ruta do Monte dos Vilares pechará este domingo a sétima edición do ‘Guitiriz en Ruta’ publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies