Noticias y alertas

Guitiriz oferta cursos de natación en verán para rapaces e rapazas de 4 a 12 anos

20/06/2022


O prazo para anotarse está aberto desde hoxe, luns 20 de xuño, ata o martes 28 de xuño.
As prazas son limitadas e serán adxudicadas por rigorosa orde de inscrición.
Haberá unha reunión para distribuír os grupos o xoves 30 de xuño ás 13 horas na piscina municipal.


O Concello de Guitiriz abriu hoxe, luns 20 de xuño, o prazo de inscrición para os cursos de natación que se levarán a cabo durante os meses de xullo e agosto na piscina municipal e que están dirixidos a rapaces e rapazas de entre 4 e 12 anos, ambos incluídos.


O período de inscrición finaliza o martes 28 de xuño e as persoas interesadas poderán formalizala por sede electrónica en https://guitiriz.sedelectronica.gal/info.0 ou de xeito presencial no Rexistro da casa consistorial de 8:30 a 14:30 horas, con cita previa. As prazas están limitadas a 32 e serán adxudicadas por rigorosa orde de inscrición.


Os cursos darán comezo o venres, 1 de xullo, e levaranse a cabo todos os martes e os venres dos meses de xullo e agosto en horario de 11:30 a 12:15 horas e de 12:15 a 13 horas. Os luns estará reservado para a Asociación Alume, de 13 a 14 horas.


Para máis información, no teléfono do Concello 982 370 109 ou no correo electrónico deportes@concellodeguitiriz.com



Descarga a solicitude de inscrición aquí

Descarga o recibo dos cursos de natación 2022 aquí

Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies