06/11/2025
O Concello de Guitiriz vén de concluír os traballos de renovación integral de toda a iluminación pública, substituíndo as antigas luminarias pola tecnoloxía LED. Esta actuación supón un importante avance para o municipio tanto en materia de eficiencia enerxética como de sustentabilidade ambiental.
A intervención abrangueu todas as parroquias do concello, con traballos de substitución de luminarias e renovación dos cadros de mando. En total, instaláronse 1.780 novas luminarias LED, da man da empresa adxudicataria Alisea ESCO S.A., o que eleva a 2.880 o número total de puntos de luz no municipio. Deste modo, máis do 60% do alumeado público municipal foi modernizado.
O Concello solicita agora á veciñanza que comunique calquera punto de luz no que non se realizara a substitución, co obxectivo de asegurar que a renovación chegue a todo o territorio e que o servizo funcione nas mellores condicións posibles.
O proxecto forma parte dun contrato de xestión integral do alumeado público, cunha duración de 20 anos e un investimento total de 6,1 millóns de euros. Este contrato inclúe o subministro, mantemento e reparación das instalacións, así como a xestión enerxética dos edificios e servizos municipais.
Esta fórmula permitirá ao Concello dispor dunha tarifa estable durante todo o período de vixencia, evitando o impacto das flutuacións no prezo da electricidade. Así, en 2025, o gasto máximo previsto ascende a 287.000 euros (IVE incluído).
A renovación supón tamén un notable salto en eficiencia, xa que a potencia instalada nas zonas renovadas pasa de 158 kW a 69 kW, o que representa un aforro enerxético do 56%. Ademais de reducir o consumo, mellóranse os niveis lumínicos, garantindo un alumeado máis uniforme, eficiente e seguro en rúas e espazos públicos.
A investimento total para esta actuación específica, que inclúe luminarias, instalación e enxeñaría, ascende a 669.009 euros (IVE incluído), dentro do marco global da adxudicación municipal.
Con esta actuación, o Concello de Guitiriz dá un paso decisivo cara un modelo de alumeado público máis sostible, combinando aforro económico, eficiencia tecnolóxica e mellora da calidade do servizo para toda a veciñanza.
O artigo O Concello remata os traballos de renovación de toda a iluminación pública a tecnoloxía LED publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies