03/07/2025
O Concello de Guitiriz desvelou o cartel da XXX Feira da Cantería, Callos e Artesanía de Parga, que este ano celebrarase o domingo 20 de xullo. O evento está organizado polo Concello e a Asociación de Veciños do Campo da Feira de Parga, e conta coa colaboración da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común Santo Estevo de Parga.
Neste 2025 a festividade cumpre o seu trixésimo aniversario, consolidándose como unha das citas máis emblemáticas do Concello de Guitiriz. Este ano, a Feira contará cunha programación completa e diversa pensada para todos os públicos.
Así, e aínda que os horarios e a programación ao completo serán anunciados proximamente, destacan as actuacións musicais, que este ano correrán a cargo de Na Casa Zoqueiro, A Banda da Balbina e dos Grupos Municipais de Música.
Ademais, este ano tamén haberá dúas das citas máis emblemáticas da Feira, como son o XXVII Certame de Cantería e o Campionato Galego de Andadura Federada, dúas competicións que completan unha programación na que tampouco faltarán os obradoiros infantís e outras propostas que se anunciarán proximamente.
A gastronomía, como é habitual, será tamén outra das grandes protagonistas da Feira, coa venda das racións de callos e polbo.
Abertas as inscricións para participar no XXVII Certame de Cantería
Xa están abertas as inscricións para poder participar no XXVII Certame de Cantería de Parga, coas bases e a ficha de inscrición dispoñibles na páxina web do Concello de Guitiriz. As inscricións estarán abertas ata o próximo 15 de xullo.
A organización poñerá a disposición dos participantes as pezas de granito silvestre, pero os canteiros terán que ir provistos das ferramentas manuais que consideren axeitadas. O tema das obras é libre. Os participantes terán desde as 9:00 ata as 14:00 horas para realizar as súas obras.
En total, repartiranse 1.500 euros en premios, con 750 euros para o primeiro clasificado, 500 euros para o segundo e 250 para o terceiro. As obras que resulten premiadas pasarán a ser propiedade da organización.
A participación no concurso está limitada a 15 persoas e as inscricións serán admitidas por rigoroso orde de inscrición. As inscricións poderanse formalizar a través da Sede Electrónica, de xeito presencial no rexistro do Concello ou a través do correo electrónico turismo@concellodeguitiriz.com.
A finalidade deste certame é promocionar o oficio de canteiro así como a pedra, que é un dos recursos turísticos máis importantes do Concello de Guitiriz.
O artigo A XXX Feira da Cantería, Callos e Artesanía de Parga celebrarase o domingo 20 de xullo publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies